Noticias de Hoy
josep colom D
Fecha: 10/08/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Os 24 estudos de Chopin por Josep Colom en Pontevedra

Os 24 estudos de Chopin por Josep Colom en Pontevedra

O xoves 10 de agosto ás 19.30 no conservatorio Manuel Quiroga, Pontevedra.

Os Estudios foron un dos xéneros máis frecuentados polo compositor romántico Chopin. Os seus Estudios convertéronse en pezas crave do repertorio de piano.

Un estudio é, como o seu nome indica, unha peza primordialmente destinada a desenvolver a técnica; por conseguinte, cada estudio, polo xeral, está consagrado a dominar unha destreza técnica específica e baséase nun só motivo musical. Dos milleiros de estudios para piano escritos durante o século XIX, os de Chopin foron os primeiros nos que se realizou plenamente o ideal de combinar esta finalidade práctica cun contido de elevada significación musical; Liszt e Brahms seguiron, neste aspecto, o camiño trazado por Chopin. Os estudios de Chopin son estudios técnicos trascendentales e, ao mesmo tempo, poemas sonoros intensamente concentrados.

A entrada é de balde pero hai que reservala!

Mandade mail a vic.pon@uvigo.es ou chamade por teléfono ó 986802080.

As invitacións están dispoñíbeis na Casa das Campás.

Organiza: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Universidade de Vigo.

josep colom E