Noticias de Hoy
Fecha: 05/02/2019
Horario: 18:00 a 18:00

Obradoiro de escrita creativa con María Lado en Pontevedra

Obradoiro de escrita creativa con María Lado en Pontevedra.

Como a literatura pode cambiar (un pouco) as nosas vidas

O obradoiro quere achegar ás persoas participantes á literatura, tanto á escrita como á lectura, de maneira creativa e lúdica. Para iso, empregaranse pequenos exercicios que van dende xogos de escrita colectiva ata intervencións de inspiración artística con base na literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación de contidos en diversos formatos.

A través de estas actividades diversas, que van máis aló do simple feito de escribir e que procuran o contacto co entorno, a expresión oral e a experimentación, búscase que a relación coa literatura se convirta nunha experiencia singular. En definitava, algo que nos emocione e nos sorprenda.

A literatura pode cambiar (un pouco) o noso mundo porque con ela podemos relacionarnos co que nos rodea. Este obradoiro busca esas pequenas accións que nos axudan a espallar o amor pola lectura e a escritura máis aló dos muros do libro.

Este é un obradoiro para espertar o amor pola literatura.