Noticias de Hoy
cuentacuentos D
Fecha: 27/10/2017
Horario: 18:30 a 18:30

O misterio do torque en Pontevedra

O misterio do torque en Pontevedra

 Contacontos para público infantil e familias

O venres 27 de outubro, ás 17:30 h, o Museo encherase de misterio da man de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, voz e ilustrador, respectivamente, dos contos de Polo Correo do Vento. Nesta nova viaxe polas nosas coleccións, achegarannos a unha das historias da intrépida detective Peregrina, que tentará resolver o caso dun misterioso torque castrexo.

Rematado o conto, os cativos e cativas poderán participar nun obradoiro de debuxo guiados da man do ilustrador, así como ir ver os auténticos torques do museo.

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades para nenos e nenas, cuxo fin é promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade.

Esta é unha actividade para gozar en familia e orientada a un público infantil a partir de 5 anos. A entrada é de balde, ata completar aforo, e non precisa inscrición. A duración aproximada é dunha hora.

cuentacuentos