O ciclo de primavera da BMP en Pontevedra
O ciclo de primavera da BMP en Pontevedra
Un novo programa que fala “do compromiso, o nivel e a profesionalidade” dos músicos que integran a BMP.
Programa:
18 marzo 2018: Abrazando ao Minho con Tania Esteves (Portugal) e Begoña Lorenzo (Galicia)
25 marzo 2018: Cidades (Artistas convidados Dextrum Ensemble)
8 abril 2018: Novos Talentos (coa colaboración do conservatorio "Manuel Quiroga")
22 abril 2018: Facer as américas (director convidados: José Rafael e Pascual Vilaplana)
6 maio 2018: O sen sentido das guerras
27 maio 2018: Pangea (artísta convidado Abraham Cupeiro)
Todos os concertos serán no Teatro Principal, ás 12 horas e a entrada é de balde.
Calidade, variedade, versatilidade e profesionalidade guían os ciclos musicais da BMP “plagada de músicos moi novos, cun coñecemento profundo” e que “amosan o músculo musical” de Pontevedra.
A concelleira de Cultura e o director da BMP convidan aos veciños e veciñas de Pontevedra a achegarse ao Principal e gozar da mellor música. Será coa chegada do verán cando a Banda de Música de Pontevedra traslade a súa arte as prazas da cidade.