Noticias de Hoy
Nadalarte
Fecha: 26/12/2017 a 29/12/2017

Nadalarte 2017 en Pontevedra

 

 

Nadalarte 2017 en Pontevedra

Ao longo dos séculos o tema da familia foi moi representado na arte: a maternidade, os avós, os fillos e fillas, a propia familia do artista … É por iso que, tendo en conta cas festas de Nadal son un momento de encontro familiar, este ano invitamos aos nenos e nenas a que veñan descubrir algúns deses “reflexos de familia” a través da nosa colección.

Realizaremos un xogo de busca que nos permitirá profundar neste tema, pero tamén tratar outras cuestións transversais como: a vida doméstica, o respecto aos nosos maiores ou a tradicións dos Beléns. Como remate elaborarán un adorno de Nadal inspirado na temática central da actividade.

Poderán participar nenas e nenos de 5 a 12 anos organizados por idades, ata un máximo de 15 por sesión. Deben elixir un dos seguintes días:

Nenas e nenos de 5 a 7 anos:

26, 27, 28 e 29 de decembro, de 11 a 13 h

2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 17 a 19 h

Nenas e nenos de 8 a 12 anos:

26, 27, 28 e 29 de decembro, de 17 a 19 h

2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 11 a 13 h

Inscrición:

O prazo de inscrición dará comezo o 14 de decembro e rematará o mércores 20 de decembro.

Pódese facer chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es (en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 h).

No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas, realizaríase un sorteo público o xoves 21 de decembro ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo. A lista definitiva publicarase na web do Museo a partir do día 21 de decembro e tamén poderá ser consultada no punto de información do Sexto Edificio.

nadalarte E copia