idealo Top Deals 728x90

Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year en Pontevedra

Fecha 20-11-2017 a 20-01-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

ELEPHANTS ON CRACKED SOIL, Amboseli, 2012

Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year en Pontevedra

A exposición “Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year”, pode visitarse no Café Moderno Afundación de Pontevedra (praza de San Xosé, 3). A mostra está conformada por 84 fotografías seleccionadas entre as 20 000, procedentes de 37 países, que se presentaron nesta edición a concurso European Wildlife Photographer of the Year. O certame, que cumpre 24 anos de historia, é un referente da fotografía da natureza, tanto a nivel profesional como amateur.

A exposición pódese visitar ata o 20 de xaneiro de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados en horario de 11.00 a 14 e de 17.30 a 20.30 h.

Todas as imaxes son instantáneas non manipuladas que mostran a natureza en estado puro co obxectivo de concienciar o espectador sobre a necesidade de preservar o medio natural e animalo a que atope o xeito de contribuír persoalmente á súa protección. A obra gañadora desta edición, asinada polo noruegués Audun Rikardsen, mostra a imaxe dunha candorca emerxendo á superficie para respirar nunha mañá fría e escura. Afortunadamente, esta especie non está en perigo de extinción, pero a instantánea lembra a necesidade de mellorar a protección dos hábitats mariños e reducir os efectos da pesca descontrolada, a cantidade de contaminantes nos océanos ou a problemática do cambio climático.

Acompañan a esta imaxe outras instantáneas clasificadas en 9 seccións: aves, mamíferos, outros animais, eloxio das plantas, paisaxes, o mundo submariño, o home e a natureza, forma e composición e novos fotógrafos.

Ademais, no marco desta mostra, Afundación ofrece aos centros escolares a posibilidade de asistir á exposición e participar en diferentes propostas educativas adaptados ao currículo dos centros escolares que pretenden ser un reforzo das súas programacións utilizando ferramentas orixinais que unen diversión e aprendizaxe. Así, para os escolares de infantil a terceiro curso de educación primaria deseñouse a didáctica Correr, saltar e chapuzar. Animais salvaxes e un pouquiño máis…; os alumnos e alumnas de cuarto de primaria a primeiro curso de ESO terán a oportunidade de participar en Baixo un manto de estrelas eles dormen mellor; finalmente, para os estudantes de segundo ciclo de ESO, de bacharelato e de ciclos formativos preparouse a proposta didáctica Wildlife 2017. Máis de 500 escolares de centros educativos de Pontevedra e comarca xa reservaron praza para participar nestas propostas educativas.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×