Noticias de Hoy
revenidas
Localidad: A Illa de Arousa
Fecha: 09/08/2019 a 11/08/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Festival Revenidas 2019 de Vilaxoán de Arousa

Festival Revenidas 2019 de Vilaxoán de Arousa.

O festival Revenidas, que celebrará a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto, continúa desvelando parte da súa programación para este verán. Nesta ocasión é a quenda dos italianos Talco; os lendarios Gatillazo; os arxentinos Los Caligaris; o dancehall, punk e reggae Mal Élevé; a música urbana de Tribade e Valira, o novo proxecto de Juan Zanza, guitarrista da Raíz.

Estas seis bandas súmanse aos xa anunciados punk do cuarteto sueco The Baboon Show, El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones, o poder feminista e reivindicativo de Flow do Toxo, o potentísimo punk e hard-core de Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Os interesados e interesadas en asistir ao Revenidas 2019 poden mercar xa os seus abonos de tres días -con acampada incluída- por un prezo de 33 € a través da páxina web www.revenidas.com.


Programa completo


9 de agosto de 2019

12h00 – 02h00 | Taquilla
12h00 | Apertura zona de acampada

Recinto dos concertos
19h30 | Apertura de portas
20h15 | Flow do Toxo
20h55 | Erin
22h00 | Desakato
23h15 | Mal Eleve
00h30 | The Baboon Show
01h45 | Hard GZ
03h00 | Tribade
04h00 | Ferromona DJ


10 de agosto de 2019

16h00 – 02h00 | Taquilla

Parque de Dona Concha | Actividades de balde
12h00 | Os Terribles de Arousa
13h00 | Sardiñada popular Revenidas
13h00 | Concerto licor café El Afilador: Thomas Dylan & Balea
14h00 | Showcooking Mahou
15h00 | Brassica Rapa
17h30 | Gala de Circo pro refuxiadas
20h00 | Sardiñada popular Revenidas

Concertos a bordo | Saída dende o Porto de Vilaxoán
13h00 | O Leo Arremegághona
15h00 | Gabri Dakidarría
17h00 | Ugía Pedreira

Recinto dos concertos:
20h00 | TNT
20h30 | Gatillazo
21h40 | El niño de la hipoteca
22h45 | Los Caligaris
00h00 | Skacha
01h05 | Talco
02h15 | Valira
03h20 | Rebelióm do Inframundo
04h20 | Plan B DJ


11 de agosto de 2019

15h00 – 00h00 | Taquilla

Parque de Dona Concha | Actividades de balde
12h30 | Carolina Rubirosa
13h30 | Punkinfantil
14h30 | Dakidarría en acústico

Concertos a bordo | Saída dende o Porto de Vilaxoán
13h00 | Los Jinetes del Trópico
15h00 | Zeltia Irevire
17h00 | Gramola

Recinto dos concertos
17h30 | Nao
18h45 | Chocolate Remix
19h30 | Doctor Krápula
20h40 | Bastards on Parade
21h30 | La Duendeneta
21h45 | O Leo Arremecághona
22h30 | Gogol Bordello
00h25 | Los Jinetes del Trópico
01h00 | Gambeat DJ
02h10 | La Duendeneta


TALCO | Empezaron hai 14 anos en pequenas salas de Marghera e cun disco chamado "Tutti Assolti". Agora presentan o seu novo traballo “And the Winner Isn’t”, 13 cancións do clásico Punkchanka da banda, pero cun matiz moito máis punk rock de corte californiano. Xamais un disco de Talco soara así de potente e que se achega máis que nunca ao espírito en directo da banda.


GATILLAZO | O lendarios Gatillazo pisarán este agosto o Revenidas para cantar contra a careta da ‘paz social’, contra o falso e artificial mito da ‘eterna mocidade’ ou contra os tertulianos. Trinta anos despois dos seus inicios Gatillazo preséntanos co seu novo traballo un novo exercicio de punk rock rugoso e sen engurras; 14 novas cancións cheas de ironía e rabia co inconfundible selo de Evaristo Páramos, mítico cantante que non para e que aí segue, sen despeitearse. Sen engurrarse e á espreita, pola súa voz e as súas letras coñecerédelo: aí é nada!


LOS CALIGARIS | Los Caligaris son unha banda arxentina formada en 1997 que fusiona diversos xéneros musicais que van desde o rock ata o cuarteto cordobés, sumando á súa proposta aires circenses e ofrecendo un innovador estilo de cancións para ver. O nome do grupo inspírase na lenda do pallaso “Caligari”, quen mentres desenvolvía a súa rutina, morreu en escena disimulando a súa agonía como parte do seu acto. En homenaxe a aquel gran pallaso, nacen Los Caligaris, aupando a bandeira de divertir ata o final.


MAL ÉLEVÉ | Tras liderar a mítica banda alemá Irie Révoltés, coa que percorreu 24 países, Pablo Charlemoine pechou unha etapa en 2017 cun exitoso circuíto de despedida que compartiu con máis de 60.000 espectadores e espectadoras. En 2018 o artista alemán de ascendencia republicana volve á carga en solitario con MAL ÉLEVÉ e á fronte dunha potente banda en directo. MAL ÉLEVÉ é moito máis que un “mal educado” que combina os seus riddims de dancehall, punk, reggae ou hip hop: fiel á súa filosfía, e á súa historia, MAL ÉLEVÉ é un loitador musical pola solidariedade e por un mundo libre de desigualdade.


TRIBADE | Tras poñer a escena underground do revés e prenderlle lume ás redes co seu hit “Gaupasa”, Tribade anuncian novo disco en febreiro de 2019 e xira de presentación a partir de marzo. A formación barcelonesa de rap e música urbana está chamada a ser unha das sensacións da nova tempada.


VALIRA | Valira é o novo proxecto de Juan Zanza, guitarrista da Raíz. Tras o parón da banda, o artista lánzase este 2019 cun bo puñado de cancións propias que darán forma ao primeiro disco do grupo. Valira defenderá en directo o seu repertorio por salas e festivais, con Zanza como frontman centrado na voz, sen esquecer a guitarra e liderando unha potente banda de rock.


THE BABOON SHOW | Na procura dun nome "feo e fácil de lembrar" e que supuxese unha crítica á clase política, bautízanse en 2003 como The Baboon Show. A súa música, un punk rock garaxeiro, directo e sen contemplacións, ten influencias de Blondie, Ramones, Buzzcocks e, por suposto, da onda de rock escandinavo xurdida a finais dos 90. Se hai unha banda que naceu para rachar con todo, esa é o cuarteto sueco The Baboon Show, que chegará ao Revenidas cargado de enerxía e disposto a conquistar Galicia.


EL NIÑO DE LA HIPOTECA | El Niño de la Hipoteca (alter ego de Guiu Cortés) foi toda unha revolución no mundo da música e un dos pioneiros neste país, do formato artista multitareFa que se autoedita, autoproduce e autogestiona. É coñecido tanto polas súas ideas novas á hora de difundir a súa música como polas súas cancións. 'O Neno' atopou un son centrado no rock en todas as súas variantes, cunha banda fixa de grandes músicos e cancións cada vez máis directas, ideal para cantar e bailar.


FLOW DO TOXO | Flow do Toxo son un grupo de mulleres que cantan para okupar escenarios e torreiros, espazos como tantos outros que lles foron arrebatados ás mulleres. Cantan para empoderarse e, aínda que non teñen estilo musical definido, posúen un discurso claramente feminista que nace no rural e bebe da tradición oral das súas anterdas, as súas bravas e referentes.


DESAKATO | Desakato nace no ano 2003 en Asturias cun estilo musical que oscila entre rockpunk e fussion xunto a un toque musical asturiano. Ao longo de todos estes anos conseguiron facer coas súas cancións un con frenético e contundente, e coas súas letras, unha forma de expresar as súas ideas e sentimentos. “Outro grupo con K”, pensarán os que aínda non os escoitaron… pero este sexteto parece fuxir dos cánones do rock estatal máis obsoleto e, disco a disco, vai marcando o seu propio camiño e dotando a cada un deles dunha personalidade propia forxada a base de directos, o seu punto forte.


LOS JINETES DEL TRÓPICO | Los Jinetes del Trópico nacen en 2015 coa firme intención de investigar os sonidos tropicais procedentes de latinoamérica e mesturalos coa nosa lingua e as nosas costumes. Nestes catro anos e medio teñen no mercado catro Eps e catro Singles, que misturan a cumbia, o reggaeton e as músicas tropicais con ventos e electrónica.

Festival Revenidas 2019