Feria Franca 2017 de Pontevedra

Fecha 1-09-2017 a 2-09-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Feira-Fran-Pontevedra

Feria Franca 2017 de Pontevedra. Días 1 y 2 de septiembre de 2017.

Non hai nada máis máxico que a música, nada máis íntimo, a creación mesma. Ha de vir Feira Franca, chea de festa e de músicas, así o decidiu o Consello; honrar a maxia mesma, a aqueles que traen ledicia, que provocan bailes, sentimentos, bágoas, que mesturan sorrisos con lamentos, que xeran estoupidos íntimos de amor.

Músicos de aquí e de alá, que enchen as rúas de festa, que convidan a bailes eternos, que permanecen nas pedras, músicos que han de vir e han traer consigo xantares, convivencias de familias e amigos prestos para o baile e o namoro, camiñantes de lonxe, máis alá do Seixo e do mar de Marín, han de vir camiñantes doutros anos que ficaron enfeitizados polo poder da festa, pola ledicia que transcende e que fica ata máis alá do Nadal. Vinde vós tamén señores, donas, vasalos, xente do común, os de Xeve, cabaleiros e donas de Campañó, Alba, Ponte Sampaio, da Canicouva, de terras de preto e lonxe.

Hai Feira Franca o 1 e 2 de setembro, para curar os males, para traer a ledicia, para fiar músicas e bailes, para crer no porvir.

Haberá asados, delicias de ultramar, xoias, enfeites, mesturas de todo tipo, sal de cores, varas de San Antón, cura pezoñas, mexo de cabra, colares de ósos de balea, pergamiños de poemas de amigo… vinde… non deixedes pasar anacos de pasado, oportunidades de felicidade, anaquiños de amor. Vinde, hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra e hónrase a músicos e trobadores, gaiteiros, tocadores de zanfona, arpa, salterios, ilustres pandeireteiras… vinde.

Hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra, chea de festa, música, alboradas, chea de harmonía, vida, hai Feira Franca e ha facerte feliz.

AVANCE PROGRAMA DA FEIRA FRANCA 2017
Venres 1 de setembro de 2017. Xornada inaugural
18.30h. Pregoeiros a cabalo anunciarán a feira nas prazas do centro histórico.
19.30h. Pasarrúas de grupos de música, teatro, malabares.
22.30h. Acto de apertura da XVIII Feira Franca

Sábado 2 de setembro de 2017. Día da Feira Franca
11.00h. Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación.
12.00h. Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Peregrina.
17.30h. Torneo medieval na Praza de touros.
20.00h. Torneo medieval na Praza de touros
Durante toda a xornada. Haberá actuacións musicais e teatrais nas prazas, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros infantís, obradoiros de xogos tradicionais, etc.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×