Noticias de Hoy
feira franca museo D
Fecha: 29/08/2017 a 02/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Obradoiro Feira Franca 2017 Entre Mouchos e Dragóns

Feira Franca 2017 Entre Mouchos e Dragóns

Obradoiro creativo

Ao longo da semana que precede á Feira Franca, celebraremos un obradoiro co que espertaremos a imaxinación das nenas e nenos e descubrirémoslles o mundo dos bestiarios medievais e a súa importancia na arte en pedra, a través dunha serie de actividades creativas.

Realizaranse catro quendas, unha cada día, para diferentes grupos de nenas e nenos.

Idade: de 7 a 12 anos.

Participantes: 12 por quenda.

Datas: do 29 de agosto ao 1 de setembro.

Horario: de 11:00 a 13:30 horas.

Lugar: sala taller do Sexto Edificio.

Inscrición: A inscrición será por vía telefónica ou a través de correo electrónico. As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e de correos. O horario de atención telefónica e de correos é de luns a venres de 08:30 a 14:00 horas.

Teléfono: 986 804 100 ext. 42412

Correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

As bestas das Ruínas - Actividade para familias (sen inscrición)

As Ruínas de San Domingos son un espazo no que podernos achegar aos bestiarios medievais e como estes foron representados nas pedras.

Así, propoñemos un xogo no que poderán participar persoas de todas as idades, aínda que se dirixe principalmente ás familias. Nel haberá que atopar unha serie de animais presentes no interior do edificio seguindo unha serie de pistas, para iso contarán coa axuda do persoal do Gabinete Didáctico.

Datas: do 29 de agosto ao 2 de setembro.

Horario: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. (O sábado 2 só de mañá)

Lugar: Ruínas de San Domingos.

O día da Feira Franca.

O sábado 2 de setembro, día grande da Feira Franca, no Sexto Edificio, todas as nenas e nenos e as persoas adultas que nos visiten, poderán realizar algunha actividade creativa inspirada nos bestiarios, e ademais tamén poderán fotografarse co trobador do Museo.

cartel maquetación