Noticias de Hoy
papiromateslugo__maxwidth
Fecha: 03/03/2021 a 29/05/2021

Exposición Papiromates. Matemáticas + creatividade = papiroflexia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a Escuela Museo Origami de Zaragoza (EMOZ) presentan a exposición «Papiromates. Matemáticas + creatividade = papiroflexia», unha mostra que reúne pezas de papel realizadas mediante a técnica do origami para poñer de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia

A presentación terá lugar mañá mércores 3 de marzo ás 10.30 h, na Sede Afundación de Pontevedra (praza de San Xosé, 3) e nela intervirán o director do Museo EMOZ, Jorge Pardo; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela. Poderá visitarse ata o 29 de maio de 2021.

Mediante as pezas desta mostra, de valor case escultórico, os asistentes poderán achegarse ás matemáticas desde unha nova perspectiva e coñecer conceptos como o «patrón de cicatrices» ou o «origami modular». Para a elaboración das mesmas non se utilizou pegamento nin tesoiras, só o pregado de papel. Ademais, a exposición tamén repasa as achegas dalgúns nomes relevantes no campo da papiroflexia, como o da pregadora galega Covadonga Blanco, papiroflecta, matemática, docente e divulgadora.