Noticias de Hoy
Rels B
Fecha: 15/09/2017 a 29/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición Fábrica de Identidade en Pontevedra

Exposición Fábrica de Identidade en Pontevedra

Fábrica de Identidad

A identidade é aquilo que nos fai ser quen somos a través das súas permutacións. Expresamos a nosa identidade dunha forma física e material chegando a adoptar conductas irreais coas que protexer o noso verdadeiro eu.

Con este proxecto preténdese crear un vínculo que faga dialogar ao artista co espectador (e viceversa) emerxendo un conflito entre conceptos para chegar á confrontación que supón o seu pensamento e postura ante o mundo.

As e os artistas elixidos reflicten, dun modo vivo, esta busca actual configurando unha imaxe característica da súa verdadeira identidade individual, creando xuntos unha nova identidade colectiva.

Como detectamos a identidade no discurso dun artista actual?

Este é un interrogante que require, en primeiro lugar, unha definición temporal que enfronta contextos e características de épocas tanxentes.

Hai anos a identidade estaba concibida como un principio inmóbil e permanente, impedindo a posibilidade de asumir esa mutación que leva o carácter fluído da realidade, porén, a relación que tivo a arte coa mesma foi sempre por medio da interpretación. É aí onde desciframos a identidade de cada artista.

Dise que o artista é fiel á súa memoria, ás marcas e ás condicións propias do seu contexto pero a súa arte vive condicionada e condenada a un localismo superficial illado. Pode que sexa por iso polo que se abra ás achegas universais e á incorporación de elementos “alleos”.

Podemos afirmar que non existen actualmente identificacións culturais puras senón que, en palabras do teórico Nicolas Bourriaud, “[…] O suxeito radicante atópase en constante construción da súa identidade, cal “semionauta” inventa percorridos entre os signos e utiliza o mundo, os obxectos e símbolos como unha caixa de ferramentas para construír discursos e relatos artísticos”.

Pode que nos déramos conta que eramos demasiados os que herdábamos sociedades en ruínas. E pode que fora así o comezo dese falso sentido de pertenza a un lugar.

A arte convértese nese proceso intuitivo de introspección e respostas definitivas que é levado ao límite das posibilidades expresivas para propiciar no espectador un enfrontamento entre diferentes pares polares como o culto e o popular, o propio e o alleo ou, mesmo, co seu xuízo estético e ético, co seu pensamento e postura ante o mundo.

Un mundo convertido en fábrica.

Unha fábrica de identidade.

nadie es perfecto D