Noticias de Hoy
cartel pedreira
Fecha: 24/02/2017
Horario: 20:00 a 20:00

Encontro coa escritora e poeta Emma Pedreira, en Pontevedra

Encontro coa escritora e poeta Emma Pedreira arredor do libro "Corazón e demais tripas", Premio Literatura Erótica 2016 Narrativas Quentes de Edicións Positivas.

A autora conversará con Míriam Ferradáns desta obra de relatos curtos onde a temática sexual vertebra todo a través dunha lingua cercana e chea de humor.

Contaba Emma Pedreira, nunha entrevista que lle fixo Montse Dopico para Praza Pública, que o humor é algo altamente erótico, o riso un afrodisíaco e a ironía un xeito marabilloso de seducir; ridiculizar, animalizar, personalizar, ironizar ou des-intimar sobre o desexo faino máis próximo e, se cadra, menos transcendente e obsesivo.