Desconcerto na Praia 2018 na Illa de Arousa

Fecha 23-06-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Desconcerto na Praia 2018 na Illa de Arousa.

Desconcerto na Praia é unha xornada de concertos con algunhas das máis interesantes novas bandas galegas, nun recóndito e paridisíaco recuncho da Illa. Unha xornada chea de música, praia, natureza, e como non, estando na Illa, mexillóns, churrasco e demáis viandas estivais.

Este ano contamos cun novo chiringo, cunhas instalacións máis completas, a pé de praia, e cunha oferta gastronómica que promete. E por suposto, non faltarán as mellores pinchadas e unha boa cacharela!

Desconcerto na Praia discorre ao longo de todo o día, dende as 13:00h ata ben entrada a madrugada, e se ben é un evento de balde, precisamos ter unha estimación do número de asistentes para que o chiringo conte con provisións para todos nós, polo que para asistir só pedimos que fagas a túa reserva neste enlace se tes a intención de vir.

“Vale, interésame, pero ¿onde carallo é e quen toca?” Todo ao seu tempo. Nuns días anunciaremos o delicioso cartel nas nosas redes sociais e as persoas que reserven entrada enviarémoslles un correo coa ubicación exacta na Illa.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×