Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 26/05/2018
Horario: 23:30 a 23:30

Concierto The Skarnivals + Maskarpone en Pontevedra

Concierto The Skarnivals + Maskarpone en Pontevedra

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. En decembro de 2010 a banda presenta Skakeo. Un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa "Historias do mar". Ademais, ese mesmo ano, esta maqueta condúcelles a formar parte do recopilatorio internacional Echte Übersee Records editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento. En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP. Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando "Movimiento Irracional".

Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batera, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo. 

Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.

No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.