Noticias de Hoy
Secho y los invisibles
Fecha: 22/04/2017
Horario: 23:00 a 23:00

Concierto de Secho y los invisibles en Pontevedra

Concierto de Secho y los invisibles en Pontevedra.

Secho y los invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento.

Son verbas, amor, desencontro, desconcerto, elegancia.

O proxecto comeza a súa andadura no ano 2009 da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda.
Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho y los invisibles estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto.

Tras varias maquetas e aparicións en distintos discos recopilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda acada a súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco. Despois dun intenso traballo nace “Xa fai un tempo” (2016), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folk, de asfalto e terra, co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un intre de complicidade coa xente.

En 2016 Secho y los invisibles pasa a formar parte do selo discográfico Discos da Máquina (ddm), xunto con Ataque Escampe, Caxade, e outras bandas de referencia no panorama actual galego.

Sergio Castiñeiras: Voz, guitarra acústica e acordeón.
Benjamín Vázquez: Guitarra eléctrica.
Anxo Araujo: Baixo.
Roi Castaño: Batería e percusión.