Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 12/05/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto Pierre Bastien en Pontevedra

Concierto Pierre Bastien en Pontevedra

É para nós unha honra tremenda e unha emoción poder anunciar a visita do lendario músico francés Pierre Bastien a este pequeno recunchiño do lado da ría.

Compositor e multiinstrumentista creou -e literalmente construiu- a súa pequena orquestra chamada Mecanium, un conxunto de autómatas musicais feito con pezas de meccanos e activado por motorciños eléctricos, que tocan instrumentos acústicos de todas as partes do mundo. Producindo unha música tremendamente vivaz, intelixente , divertida e sorprendente; chea de recantos e sensacións inesperadas, futurista e sinuosa.

Pierre Bastien é xa por dereito propio un nome mítico dentro das músicas máis intrépidas destes tempos convulsos, colaborou con xente tan querida nesta casa como Robert Wyatt, Jaki Liebezeit (Can), Pacal Comelade ou Jac Berrocal e tirou discos no selo Rephlex (selo dirixido por Aphex Twin) ou Morphine (de Rabih Beaini)

Ver en directo a Pierre Bastien e a sua orquestra é unha experiencia especial e extraordinaria e temos a sorte de poder gozala ben pretiño. Non perdades esta oportunidade de vivir algo único!