Noticias de Hoy
29497062_1632993420110024_1032964937027581269_n
Fecha: 29/03/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto Meconio en Pontevedra

Concierto Meconio en Pontevedra

Meconio son un dúo con base en Barcelona. Meconio son Leti e Délia. Meconio son unha guitarra, unha batería e unhas voces. 
Meconio traen urxencia,enerxía, rabia e honestidade. Post-hardcore e espírito riot grrrl.
Cóntannos delas:
"música para salir a la calle y hundir cruceros en el puerto"
"Introductoras del punq roto, golpeadoras de la disonancia, agitadoras del ritmo indescifrable, gritadoras de los dolores, entonadoras de realidades incómodas, agitadoras de rodillas, sanadoras de tobillos, enunciadoras de premisas ingnitivas, estructuradoras del desorden"

A Meconio sáeselles a música de dentro, tocan porque non queda outra e iso nótase en cada golpe e golpéante en cada nota mentres a súa música ábrese paso a cobadazos, entre a urxencia rasposa e a bilis corrosiva do punk, entre o torcimento rítmico e a presión emocional do post, entre unha guitarra e unha bateria crean cancións que escorregan escurridizas, fuxindo das comparacións.

https://meconio.bandcamp.com/releases