Noticias de Hoy
Fuzzo D
Fecha: 03/08/2017
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto Fuzzo en Aturuxo coa colaboración de Luis Davila

Concierto Fuzzo en Aturuxo coa colaboración de Luis Davila

Domingo 30 xullo de 2017 • 21:30 h Música | 4€ ant. / 6€ bill. | Ao aire libre ??

Fuzzo é o novo proxecto duns músicos que se sinten cómodos sempre no fío da navalla. Esta formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.

Nesta ocasión preséntanse co artista gráfico Luís Davila, que se fará cargo de proxeccións de debuxos que se mesturan coa música en directo.

De todo o que fan estes tíos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrución de debuxos e ideas musicais, e que se teñen aventurado nunha estética más próxima ao rock, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión plástica e musical.

Fuzzo E