Noticias de Hoy
Fiesta del Marisco 17 de O Grove
Fecha: 04/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Concierto Futuro de Hierro, Zozobra e Jaco en Pontevedra

Concierto Futuro de Hierro, Zozobra e Jaco en Pontevedra

Màgia Roja leva tempo poñendo patas arriba o subsolo barcelonés. Esta asociación cultural organiza concertos, xiras, conferencias e obradoiros, saca discos e autoxestionan un espazo de liberdade creativa.
Para coñecelos mellor saen de xira con tres dos seus proxectos: Futuro de Hierro, Zozobra e Jaco

Futuro de Hierro:
Víktor Lux Crux é unha figura clave na vibrante escena post-industrial barcelonesa como músico, produtor, dj, promotor e co-fundador do selo Màgia Roja. Realizou 150 concertos no estranxeiro xirando por Europa e Estados Unidos con Futuro de Hierro e bandas previas como Ordre Etern e Qa?a. Colaborador de Jochen Arbeit (Einstürzende Neubauten), Nurse With Wound e Gnod entre outros.
Con Futuro de Hierro mestura o legado de Esplendor Geométrico e Throbbing Gristle co peso de Swans ou os primerísimos Laibach e transcende o nihilismo do xénero creando unha cosmogonía de cancións onde o persoal, o esotérico, o presente e futuro mestúranse. Os seus shows en directo son viscerais e enerxéticos, cun enfoque artesanal da música electrónica, cun control único de axustes rítmicos, dinámicas e ruído. Presentará o seu último LP "Un Paso en el vacío" co-editado por Màgia Roja e Opal Tapes a principios de 2017.

Jaco: Un dos artistas máis inquedos de Barcelona e que non parou de crecer nos dous últimos anos. Jaco combina o frío do postpunk e o industrial cos graves quentes do hip hop e a bass music. Armado dos seus coitelos, pezas de metal e caixas de ritmos e samplers constrúe un transfondo musical minimalista pero profundo para as súas letras enigmáticas, feitas de referencias e memorias que se mesturan de forma onírica creando unha atmosfera única.

Zozobra: Un iconoclasta dentro da escena post-industrial. A súa voz artística é única: vulnerable e brutal ao mesmo tempo, os seus temas son, no fondo, clásicos: amor, identidade, relacións. Tomando como influencias Coil e Nurse With Wound, samplea en directo as fontes de son máis insospeitadas de forma inadvertida para pasar a manipular as capas resultantes a través de efectos que serven como transfondo para as súas letras onde explora as súas verdades máis incomodas ata as últimas consecuencias.