Noticias de Hoy
musica electronica
Fecha: 16/12/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto Fuego, Jazz e Escaire en Pontevedra

Concierto  Fuego, Jazz e Escaire en Pontevedra

Noitiña de electrónica experimental no Liceo, abanderada polo ínclito selo Magia.

Fuego é o proxecto orquestral en solitario do madrileño radicado en Copenhague Nacho Córdoba. Música herdeira das primeiras tradicións electrónicas coma a BBC Radiophonic Workshop ou Elianne Radigue. Nacho entrégase a "A Caixa", unha vella máquina para calibrar equipamento técnico que emprega para levarnos cara a sons subacuáticos, atmosferas temblorosas e melancólicos cantos de serea a través de melodías emocionais que nos inducen ao trance.

Jazz non é jazz, senón a nova encarnación do cantante e guitarrista Yago Alcover e o baixista e deseñador Pol Rodellar, puntais da escea barcelonesa gracias á súa presenza en bandas como Mujeres e Univers. Aquí ambos membros suman esforzos para explorar a canción breve e o himno pop con sintetizadores e caixas de ritmos.

Escaire é o proxecto en solitario de Victor Avila, cantante e guitarrista de Morenas e co-fundador do selo Musagre Tapes, o seu proxecto máis escuro e espido ata a data.
A súa voz e unha vella caixa de ritmos son suficientes para escurecer a noite con bucles esotéricos, hipnóticos e industriais.

Tres proxectos únicos, vibrantes e tomando o pulso da noite.