Noticias de Hoy
CORO VOX STELLAE
Fecha: 16/10/2019
Horario: 21:30 a 21:30

Concierto del CORO VOX STELLAE en Pontevedra

Concierto del CORO VOX STELLAE en Pontevedra.

Organizado por la Sociedad Filarmónica de Pontevedra.
Director: Luis Martínez.
Programa: In Festo Sancti Jacobi. Músicas xacobeas.
Concierto solo para socios.

VOX STELLAE
Vox Stellae nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Ten actuado en diversas tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Camiño de Cantares, Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes…

Vox Stellae colabora con agrupacións e solistas como a Orquesta de Cámara de Tenerife, Orquestra de Cámara Galega, Finis Terrae Brass, Os Menestreis de 1500, Taller Atlántico Contemporáneo, Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Belén Elvira, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.

Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de Tres Imaxes de Compostela (M. Mato), a estrea en España da Misa en Sol a Santiago de Compostela (A. Tucapsky), as reestreas da Misa en Do M (Frei R. Salvado) e a Missa Voce Mea (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de Rothko Chapel (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da Catedral de Tui, editou dous discos con música de Matías García Benayas (+1737) e outros autores do arquivo tudense: Defensor alme Hispaniae (2013), que recibiu o Melómano de Ouro (outubro 2015) e Salvete Flores (2016).

“Ni que decir tiene, que la labor del coro de cámara compostelano Vox Stellae en la grabación del disco, es impoluta” (Bruno Díaz, Atlántico Diario)

“La interpretación vocal e instrumental son sencillamente impecables, a la altura de cualquier ensemble
internacional” (Pablo F. Cantalapiedra, Melómano)

LUÍS MARTÍNEZ
Nacido en Vigo, estudou Piano e Linguaxe Musical nos conservatorios de Santiago e Vigo. É Mestre especialista en Educación Musical e Licenciado en Pedagoxía pola USC. Asistiu a aulas de perfeccionamento en diferentes ámbitos da análise e interpretación musical con mestres da talla de Miro Moreira, Dominique Velard, Pier Paolo Scattolin, Daniel Vega, Owen Reese, Peter Philips, Artur Carneiro, Constantin Alex, Bernd Valentin, Tu Shi Chiao, J. Carlos Rodilla, J. López Calo, Carmen Cruz ou Mercedes Padilla.

É membro do Orfeón Terra a Nosa e a Capela da Catedral de Santiago, agrupacións coas que participou como solista en múltiples concertos e rexistros discográficos. Colabora con agrupacións como Capela Compostelana, Capilla de Extravagantes, Capela Lauda Sion, Grupo Siglo XX ou Hércules Brass. Como actor e recitador interpretou a Historia do Soldado (I. Stravinsky) e participou na estrea absoluta de Enigmas de la temporalidad (J. Vara) coa Real Filharmonía de Galicia. No eido da musicoloxía, colabora con Joám Trillo na edición da música do arquivo da Catedral de Tui.