Noticias de Hoy
Fecha: 01/12/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Concierto de Ezataerre & High Paw en Pontevedra

Concierto de Ezataerre & High Paw en Pontevedra.

Ezetaerre somos un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Pirola (Ourense) e o Petrowski (O Porriño). A nosa andaina comezou en 2016 na Coruña, onde compartimos estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil.

Despois da publicación do longo Aspiracións mínimas e urxentes, o maxi 100 e varios singles (A herdanza do vento, Non é verán de Estrella Damm e Esmorga Inferno), agora presentamos Pólvora e tormenta: un traballo no que establecemos un paralelismo entre a actualidade e os Estados Unidos dos anos 30, asolados pola crise e polo Dust Bowl. Nel tamén facemos unha homenaxe á voz dos cantautores antifascistas, que transmitiron a rabia e a loita dun pobo sumido na fame e na miseria.

Novas letras, novos ritmos e novas ideas, sempre sen esquecer esas tres palabras que nos acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.