Concierto Cró! e Pet Fennec en Pontevedra
Concierto Cró! e Pet Fennec en Pontevedra
ardiña de mestría, clase e retrousos impresionantes no Liceo Mutante.
Cró! volven na súa visita esporádica ao Liceo para deixarnos abraiadas coma sempre coa súa maxia sonora, esa potencia controlada que non podemos explicar, pero si gozar tremendamente. Os concertos de Cró! no Liceo son intensos, agarimosos e soan fetén. Que máis queres?
Presentarán de novo o seu Mounstros, discazo do ano pasado que rompeu todos os nosos esquemas!!
http://www.spacecro.com/
https://www.youtube.com/
Os vascos Pet Fennec son a materialización en banda do proxecto de Urko Eizmendi. Mount Pleasant é un disco concebido para ser tocado por unha banda eléctrica desatada, e no que tivo volcado a súa visión musical. Retrousos incríbeis, guitarras crúas, melodías inesquecíbeis e en xeral ese tonito a lo Pavement e Dinosaur Jr que tan ben nos fai sentir.
https://
https://www.youtube.com/