Noticias de Hoy
D
Fecha: 03/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto Alförjs + Ondness en Pontevedra

Concierto Alförjs + Ondness en Pontevedra

Os Alförjs xa puxeron patas arriba o Liceo fai un tempo coas súa selva de polirritmos e percusión expansiva, nubes difusas de electrónica, estalos de saxo e baixos hipnóticos.
Proposta marcadamente tribalista envolta nunha parafernalia de instrumentos de percusión compartidos por todo o trio, combinada coa omnipresente electrónica e cos “riffs” de contrabaixo ou de baixo eléctrico, resulta unha combinación nada obvia e nada previsible de jazz, rock, experimentalismo electroacústico e música africana, tan misturada e tan indisociable que parece forxar un novo estilo.
Nesta ocasión veñen presentar o seu segund LP: Demons

Tras o alcume Ondness agóchase o elegantísimo guitarrista Bruno Silva,unha das figuras máis activas, creativas e establecias da comunidade independiente lisboeta. Neste proxecto aborda as posibilidades da electrónica menos obvia misturando linguaxes aparentemente dispares coma o dub, a exótica, o collage sonoro ou mesmo as músicas de baile.

22729127_1480357658706935_3721552312198886912_n copia