Noticias de Hoy
23132113_1491311944278173_7087182916441712513_n
Fecha: 18/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concerto Vasco Trilla, Yedo Gibson e Hernani Faustino en Pontevedra

Concerto Vasco Trilla, Yedo Gibson e Hernani Faustino en Pontevedra

Temos unha nova noite de sons libres, improvisados, salvaxes, tímidos, soprendentes, arriscados e enérxicos a máis non poder. De free jazz non domesticado nin acomodado.
Visítannos un trío de orixe brasileiro-portuguesa-catalana cargados cun contrabaixo, batería e saxos para facer saltar todas as alarmas.

A historia do saxofonista Yedo Gibson é, da súa boca, moi sinxela: un home canso de vivir nunha urbe de 20 millóns de habitantes coma São Paulo e tocar música brasileira, atopou o seu camiño na música improvisada, guiado en primeiro lugar polos ruídos infinitos da gran cidade e partindo do forró da zona norleste do país, ven desenvolvendo unha sólida carreira coma improvisador ao longo e ancho de todo o mundo con base en Amsterdam, dende onde dirixe a xa ben coñecida Royal Improvisers Orquestra, formación sen ánimo de peche nin ataduras que o mesmo tira polo barroco que o punk rock. Ten colaborado con Han Bennink, Luc Ex, Michael Moore, Ab Baars, Veryan Weston, Steve Noble, Phil Minton ou Steve Beresford,
http://www.yedogibson.com

O batería catalán-portugués Vasco Trilla leva unha traxectoria similar, se é que se pode asimilar a traxectoria dun improvisador. Vén de xirar por toda Europa nos últimos anos tanto só como en formacións varias e tocando todos os paus posibles, pegándolle tanto ao avant-rock , jazz core, black metal o ethio-jazz, aínda que sobre todo saboreando fortemente o tarro da improvisación ceibe, buscando sempre no camiño novos encontros e aventuras, cuestionando e achando novos enfoques na percusión
https://www.facebook.com/vascotrilladrummer/

O contrabaixista Hernani Faustino, portugués de orixe, colaborador habitual de Gabriel Ferrandini e puntual de xigantes coma John Butcher, Nate Wooley, Mats Gustafsson, Carlos Zíngaro, Robert Mazurek, Agustí Fernandez, Sei Miguel, Daniel Carter, Chris Corsano, Neil Davidson, Harris Eisenstadt, ou infinitos entes marabillosos máis, un dos fundadores do selo Clean Feed, produtor de radio, fotógrafo de directo e compositor de obras para teatro, este home do renacemento non para de subirse aos escenarios de todo o mundo para namorarnos.
http://www.hernanifaustino.com

Os tres elementos veñen de reaccionar para compoñer unha substancia fantástica: o álbum Chain para o prestixioso selo No Bussiness Records, unha pequena mostra do que nos podemos atopar nesta nova cita co infinito musical da improv.
http://nobusinessrecords.com/chain.html

Dálle gozo á túa mente acudindo e aportando entre 5 e 8€ a favor da supervivencia dos artistas implicados, no teu youtube tridimensional de confianza, o Liceo Mutante, que sigue abrindo para ti en Rosalía de Castro, 100.