Noticias de Hoy
c7ceab229b398d72854fa2d5f87c4181
Fecha: 11/11/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Concerto Chotokoeu en Pontevedra

Concerto Chotokoeu en Pontevedra

Cando uns bos amigos se unen para facer o que máis lles gusta, teñen as mesmas inquedanzas e ven o mundo de xeito semellante…Cal é o resultado? A resposta é sinxela: Chotokoeu, 10 anos facendo un soño realidade con máis de 500 concertos en 13 países. E non é só un grupo de músicos, se non tamén un colectivo 100% autoxestionado que organiza as súas xiras, deseña, prepara campañas de publicidade e todos os traballos que non se ven enriba do escenario. E por se fora pouco, tamén se pon do outro lado e organizan eventos, festas e un festival multidisciplinar que vai pola súa 6ª edición, o “Vibra Balboa”.

A banda nace na Coruña (Galicia) no 2007 do impulso musical máis antigo: a percusión. Sen ser unha formación oficial, surxe o xerme do que sería o grupo cando, sen contar todavía con instrumentos harmónicos, compoñen unha canción que cantaba “O ritmo que bailas cho toco eu”. Nese punto únense ao proxecto diferentes membros ata chegar á formación actual. Amig@s con puntos de vista comúns pero gustos moi diversos. Isto vese reflectido nunha música moi ecléctica mesturando ritmos swing, rock e balkan con letras moi variadas en galego, castelán, inglés, francés e italiano (cun estribillo en bereber porque non todo é Europa) que falan da loita social, letras positivas e historias profundas ou absurdas. Con só 2 anos de vida, no 2009 Chotokoeu gaña xa o seu primeiro concurso a nivel autonómico, o “Galiza Crea”.

Co seu característico concerto cheo de enerxía, potencia e bo humor convértese, según os organizadores e os asistentes nas redes sociais, no grupo revelación do festival, gañándose a praza para voltar na próxima edición. No 2016, moi conscientes de que o ano seguinte é o seu 10º aniversario, deciden centrarse nunha xira peninsular (Madrid, Barcelona, Granada,…) e concertos en Francia e Suíza. Volven a encher salas e deixar encantados aos asistentes que os descobren por primeira vez. Á marxe dos seus concertos, as producións que levan a cabo van vento en popa. As “Noites de Luz” que organizan na súa cidade natal fixéronse emblemáticas na noite coruñesa grazas á gran calidade dos grupos que traen a tocar, e o “Vibra Balboa” consegue, por segundo ano consecutivo, vender todas as entradas de maneira anticipada.

Na actualidade a banda está presentando o seu novo show. As ganas de facer un espectáculo diferente e que sorprenda están moi presentes para celebrar por todo o alto estos 10 anos xunt@s. Sen dúbida Chotokoeu dará moito que falar este 2017 onde grandes proxectos están na mente dest@s 6 músic@s tan soñadores.