Noticias de Hoy
Ana Moura   Moura album
Fecha: 11/03/2018
Horario: 20:00 a 20:00

Concerto Ana Moura en Pontevedra

Concerto Ana Moura en Pontevedra.

A fadista portuguesa Ana Moura regresa a Pontevedra para presentar o seu último disco, ‘Moura’, dentro da súa xira por todo o mundo.

Ana Moura é a artista portuguesa cunha carrera más puxante na actualidade, con máis de 300.000 discos vendidos, máis dunha ducia de galardóns entre os que destacan dous Globos de Ouro, dos premios Amália e colaboracións con iconas da música como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock.

Non hai outra voz no fado coma a de Ana Moura. Unha voz que se pasea pola tradición libremente, sen deixar de flirtear elegantemente con outros xéneros, e ampliando  dunha forma foi persoal o espectro do fado. Pero o que a distingue non é só un timbre grave e sensual como hai poucos, Ana Moura transforma instantaneamente en fado calquera melodía á que presta a súa voz. É uha chispa inmediata, unha explosión emocional dirixida implacablemente ao corazón do ouvinte.

‘Moura’

Agora está a presentar o seu sexto álbum, ‘Moura’ (Universal Music, 2015), que chegou a ser inmediatamente Disco de Ouro. Nel a artista incorpora grandes nomes da música portuguesa, como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo ou Sara Tavares. E tamén interpreta temas doutros músicos destacados, como Miguel Araújo ou Pedro da Silva (Deolinda).

Moura sucede a ‘Desfado o disco máis vendido en Portugal dos últimos anos, con cinco discos de platino.

 

Ana Moura   Moura album E