Noticias de Hoy
Candelabros D
Fecha: 12/08/2017
Horario: 21:00 a 21:00

Concerto A la luz de los candelabros en Pontevedra

Concerto A la luz de los candelabros en Pontevedra

A quincuaxésimo oitava edición do concerto A la luz de los candelabros que anualmente ofrecen no Museo os alumnos bolseiros dos cursos internacionais de Música en Compostela, que se inauguraron en Santiago de Compostela o domingo, día 6 de agosto, celebrarase o vindeiro sábado, día 12, ás 20 h, no Sexto Edificio. A causa dos preparativos para esta celebración ese mesmo día pecharase o acceso á primeira planta do Sexto a partir das 17 h.

Os Cursos Universitarios e Internacionais Música en Compostela foron creados en 1958 por iniciativa do mestre Andrés Segovia.

Dous anos despois instituíuse o costume de realizar un concerto na cidade de Pontevedra, tendo ó Museo como sede, e desde entón ambos eventos manteñen a súa cita anual constituíndo xa unha tradición que os alumnos bolseiros de asistentes a estes cursos, que superan o centenar e adoitan pertencer a máis de vinte nacionalidades, ofrezan ó público da cidade do Lérez un coidado programa musical como parte do seu traballo nas aulas.

Candelabros E