Noticias de Hoy
Fecha: 23/02/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Coloquio A España Baleira en Redondela

Coloquio A España Baleira en Redondela

Os Amigos das Bibliotecas xa nos teñen preparado un novo coloquio. Desta vez o profesor de historia David Faro falaranos de "A España baleira". Así, baseándose no homónimo libro de Sergio del Molino "La España vacía: viaje por un país que nunca fue", percorreremos as peculiaridades dun país onde a despoboación progresiva do rural configura unha nova realidade xeográfica, onde as paisaxes fantasmagóricas e baleiras viven agochadas detrás da existencia do territorio coñecido.