Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2018 03 19 a las 9.26.14
Fecha: 26/03/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Club Saltons en Pontevedra

Club Saltons en Pontevedra

Club Saltóns é un programa de dinamización de parques e xardíns promovido pola Concellería de Medio Natural do Concello de Pontevedra.

Únete ao club e poderás desfrutar dunha morea de actividades relacionadas coa arte, a música, o teatro, a actividade física e os xogos en pandilla!!

Todo isto ao aire libre, na natureza e na contorna dos marabillosos parques e xardíns de Pontevedra.

Ademais de actividades para vós, a cativada, tamén haberá unha oferta de entretemento para as vosas familias.

E aínda hai máis! Teremos merenda para @s primeir@s 40 inscritos nas xornadas!

PRÓXIMAS XORNADAS DO CLUB SALTÓNS

Luns 26 marzo 16:30h-20:00h

Xardíns de Belas Artes

· Crea e xoga con malabares!

· Queres ser un/una cara Saltón?

· Como crear una canción saltando e brincando (Estudo Bonobo) 1ª parte: Creación ao aire libre!

* Teremos tamén espazo para nais e pais! (é imprescindible a presenza dx tutor/a legal nos xardíns)

Xoves 29 marzo 11:00h-14:00h

Estudo Bonobo (San Antoniño, 79)

· Como crear una canción saltando e brincando. 2ª parte: Gravación en Estudo Bonobo

 

Non o penses máis! Queres formar parte do Club Saltóns? Inscríbete en Club Saltóns

club saltons E