Noticias de Hoy
angelica una tragedia D
Fecha: 09/09/2017
Horario: 23:00 a 23:00

Cinema no xardín: Angélica [una tragedia] no Liceo Mutante

Cinema no xardín: Angélica [una tragedia] no Liceo Mutante

ANGÉLICA [UNA TRAGEDIA]
Manuel Fernández-Valdés, 2016, 83 min.

Angélica Liddell prepara a súa seguinte obra e Manuel Fernández-Valdés proponse retratala nun filme. Liddell converteuse nunha das principais dramaturgas europeas cun teatro autobiográfico no que expón a súa dor máis íntima. Unha decisión que afecta a esencia do seu xeito de traballar e a todas as persoas que traballan con ela. Cadaquén ha decidir ata onde chegar ao seu carón. O director do filme non vai permanecer alleo á experiencia. Angélica. Una tragedia é un filme sobre unha devota da arte e a axitada relación entre creación e vida.

 

angelica una tragedia