Noticias de Hoy
1446720533africa
Fecha: 05/08/2016
Horario: 23:30 a 23:30

Cinema no xardín: África 815 (Pilar Monsell, 2014) en Pontevedra

Cinema no xardín: África 815 (Pilar Monsell, 2014) en Pontevedra.

No arquivo fotográfico e as memorias escritas polo seu pai arredor da experiencia do servizo militar na colonia española do Sahara en 1964, Pilar Monsell atopa o paraíso perdido ao que el sempre tentará regresar. Logo dun fracasado proxecto familiar, durante os anos 80 e 90, Manuel Monsell comezará a viaxar ao Magreb. De novo coa súa cámara fotográfica, perseguirá a beleza dalgúns rostros que poidan trasladalo unha vez máis ao lugar soñado. Mais todas estas viaxes revelan moito máis acerca do lugar do que se parte que sobre o lugar de destino. O amor romántico, a independencia e a familia compoñen o escenario dun refuxio que, ao se crebar, sitúanos na obriga de nos preguntar non só sobre os nosos verdadeiros desexos, senón tamén sobre a necesidade de repensar o sentido destas vellas palabras.