Noticias de Hoy
2009_white_material_001 1
Fecha: 08/03/2016
Horario: 20:15 a 20:15

Cineclube Pontevedra: «White material» (Claire Denis, 2009, 102', 35 mm, VOSE)

Claire Denis filma a pel do continente africano coma se fose a de María: no demente acto de resistencia desta muller pequena e furiosa, encarnada grandiosamente por Isabelle Huppert, existe a historia dunha terra contraditoria, que loita contra quen intenta borrar a súa cultura mais non pode evitar copiar os seus peores vicios.