Noticias de Hoy
JAUJA 6
Fecha: 07/03/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Cineclube Pontevedra presenta: Jauja

Cineclube Pontevedra presenta: Jauja.

1882, durante a chamada Conquista do Deserto. Procedente de Dinamarca, chega á Patagonia o capitán Dinesen coa súa filla de quince anos, Ingeborg, co obxectivo de desenvolver un traballo coma enxeñeiro para o exército arxentino. Cando Ingeborg namora dun mozo soldado e foxe con el, o capitán viaxa ao territorio inimigo na súa procura. Jauja é a historia dun home desesperado por atopar a súa filla, unha cruzada en solitario que o vai levar a un lugar máis aló do tempo, onde o pasado esvaeceuse e o futuro carece de sentido.
----------------------------------------------------
Premio Fipresci Un Certain Regard - Cannes 2014.
Mellor actor (Viggo Mortensen) Premios Fénix de Cine Iberoamericano.
Mellor fotografía (Timo Salminen) Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.