Noticias de Hoy
CARTEL CAM
Fecha: 24/05/2016
Horario: 21:15 a 21:15

Cineclube Pontevedra: Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro

Contra a morte percorre os lugares e convive coas persoas da vida de Lois Pereiro, trazando un arco xeracional para se achegar á persoa e ao seu tempo. Pereiro é a presencia constante dun símbolo, un poeta que apostou pola independencia da súa voz fronte á poesía canónica e profesoral. Monforte, Madrid, Berlín, A Coruña e O Incio son os lugares polos que os autores transitan perseguindo unha presencia, as voces que narran o paso de Lois entre os vivos.