Noticias de Hoy
01 1
Fecha: 05/12/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Cine: Paisaxe na néboa en Pontevedra

Cine: Paisaxe na néboa en Pontevedra

Proxección en VOSE do filme “Paisaxe na néboa” (Theo Angelopoulos, 1988), organizada polo Cineclube Pontevedra.

“Paisaxe na néboa” é unha particular road movie que describe a ansiedade de Voula e Alexandros por coñecer o seu pai, un home ao que nunca viron e que, segundo lles conta a súa nai, marchou a Alemaña. Os dous irmáns fantasean e mesmo xogan a coller un tren que os leve ata onda el. Un día remata o xogo e abordan o tren, comezan a súa viaxe cara ao descoñecido.

León de Prata ao Mellor Director e Premio FIPRESCI no Festival de Venecia 1988 • Golden Hugo ao Mellor Director e Silver Plaque á Mellor Fotografía no Festival de Chicago 1988 • Premio ao Mellor Filme nos European Film Awards 1989.

Faite socio/a do Cineclube Pontevedra por 60 € ano ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.