Ciclo Voices: Concierto Jorge Drexler en Pontevedra

Fecha 20-01-2018
Hora 21:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×


 

Ciclo Voices: Concierto Jorge Drexler en Pontevedra.

Apertura de puertas: 20h30

Jorge Drexler abrirá en xaneiro a segunda edición do Ciclo Voices no Pazo da Cultura de Pontevedra para presentar os temas do seu novo álbum Salvavidas de hielo. Salvavidas de hielo é un disco cheo de ritmo, de experimentación, de melodías e, sobre todo, de grandes cancións. Todo o que soa no álbum (agás as voces) foi gravado integramente con guitarras de todo tipo, para compoñer un son cálido, rítmico e atractivo. En cada tema escoitaremos unha catarata de percusións, baterías, loops e sintetizadores… aínda que todos foron creados coa guitarra e os seus materiais. As cordas, a caixa de madeira, a pel dun banjo, o metal dun dobro. Os múltiples elementos que proceden deste instrumento musical formaron unha gran banda neste novo proxecto musical de Jorge Drexler. Para a gravación do disco, que se realizou en Cidade de México e Madrid, Jorge Drexler contou con tres artistas invitadas de excepción: Mon Laferte en Asilo, Natalia Lafourcade en Salvavidas de hielo e Julieta Venegas en Abracadabras.

 

TRAS O ÉXITO DA SÚA PRIMEIRA EDICIÓN,VOLVE O CICLO MUSICAL VOICES AO PAZO DA CULTURAORGANIZA: CONCELLARÍA DE CULTURA. CONCELLO DE PONTEVEDRA.

Fiel a súa aposta por consolidarse como un referente no eido da programación cultural galega, a cidade de Pontevedra brindará aos seus públicos, por segundo ano consecutivo, a posibilidade de gozar cos mellores directos musicais da man do ciclo Voices.  A programación cultural da cidade, sempre baixo o prisma da calidade e da diversidade artística que veñen caracterizando a súa ampla oferta, medra un ano máis para achegar a Pontevedra algunhas das mellores voces do panorama internacional. A expectación está servida tras a primeira edición celebrada en 2017, que acadou grandes aplausos do público e da crítica, con cheos absolutos nalgúns dos seus inesquecibles directo.

O ciclo Voices experimentará a súa segunda edición en 2018 coa fin de recoller os sons máis salientables do panorama musical actual -desde os máis clásicos aos máis vangardistas-, con figuras de recoñecido prestixio internacional. Voices apostará un ano máis polas sonoridades do mundo, sen atender a estilos nin a modas, coa fin de apostar sempre por a calidade musical como valor principal da súa programación. Soul, rock, indie, world music e jazz, entre outros estilos musicais, atoparán o seu espazo nesta cita musical imprescindible que busca asentarse como un referente non só en Galicia, senón tamén en todo o norte peninsular.A singularidade do ciclo verase tamén marcada nesta segunda edición polo seu interese en programar voces de referencia con moito que dicir máis aló das táboas dun escenario. Deste xeito, Voices programará encontros cos artistas, charlas, cafés e outras actividades para descubrir as inquedanzas, valores e proxectos dos artistas que en 2018 locen no seu cartel.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×