Noticias de Hoy
Docs do mes
Fecha: 12/02/2018
Horario: 20:30 a 20:30

Ciclo Docs do Mes en Pontevedra

Ciclo Docs do Mes en Pontevedra

Luns 12 de febrero ás 20:30.: ‘AMAZONA’ – Clare Weiskopf.

 Que fai que unha muller sexa boa nai? É necesario renunciar aos teus propios soños, por extremos que sexan, cando tes fillos?

Clare Weiskopf, a directora do filme, tiña 11 anos cando a súa nai fuxiu á xungla colombiana, abandonándoa a ela e ao seu irmán pequeno. Trinta anos despois, Clare queda embarazada e decide reencontrarse coa súa nai para buscar respostas e pechar feridas. Necesita ter o seu propio concepto do significado da maternidade. Unha viaxe ás profundidades do Amazonas que lle servirá para explorar unha relación que cría perdida e que a transportará ao interior do seu propio ser, o único camiño posible para reconciliarse con ela mesma.

Unha historia fascinante entre dúas mulleres, nai e filla, chea de conversacións que fan saltar faíscas, que nos sitúa ante un dilema moral sobre os límites da liberdade e a responsabilidade.

 Luns 19 de febrero ás 20:30h.: ‘MACHINES’ – Rahul Jain

Hipnótica, laberíntica e desoladora. Miles de traballadores exhaustos, interminables xornadas laborais de 12 horas e unha inmensa fábrica téxtil en Surat, unha cidade industrial no noroeste da India. A cámara viaxa lixeira entre os corredores deste inframundo invisible, onde humanos e máquinas son a mesma cousa.

O cineasta Rahul Jain debuta cunha obra valente e persoal. As curtas conversacións que mantén cos traballadores nos descolocan e engade unha nova capa de lectura a un filme que vai máis aló da denuncia da explotación laboral. Observamos incrédulos unha realidade dramática que nos atrapa polo seu esplendor sonoro e visual.

Unha mirada dura, e á vez dunha sensibilidade extraordinaria, á explotación dos traballadores das fábricas dos países en vías de desenvolvemento que nos obriga a reformularnos se as dinámicas produtivas do mundo no que vivimos son as máis idóneas.

 Luns 12 de marzo ás 20:30h.: ‘GRACIAS POR LA LLUVIA’ – Julia Dahr

 Durante o últimos catro anos, Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, utilizou o seu cámara para capturar a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra. Filmou inundacións, secas e tormentas, pero tamén foi testemuña dos custos humanos destes fenómenos: a migración dos homes á cidade en busca de novos empregos ou como os seus fillos foron devoltos a casa porque el non podía pagase a escola a final de mes.

 

Despois dunha tormenta que destrúe a súa casa, Kisilu empeza a construír un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo e decide viaxar a París con motivo da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático, para tentar ter voz nas conversacións sobre o clima e dar un xiro de 180 graos ás políticas ambientais.

Alí, no medio da impenetrable lóxica das grandes negociacións políticas, no marco do show ambiental máis grande do planeta, a relación entre a directora do filme, a norueguesa Julia Dahr, e Kisilu cobra unha nova dimensión e une os mundos opostos que os dous personaxes representan– norte e sur- nunha mesma loita pola xustiza climática

Gracias por la lluvia E