Noticias de Hoy
lobossucios E
Fecha: 11/03/2018
Horario: 19:00 a 19:00

Ciclo cans todo o ano: Lobos Sucios de Simón Casal

Ciclo cans todo o ano: Lobos Sucios de Simón Casal 

Nova peli do ciclo "Cans todo o ano" do Rebobina Cineclube en colaboración co Festival de Cans!

Unha película galega estreada internacionalmente no Mill Valley International Festival de San Francisco, un dos máis importantes de EE.UU., e estreada en Ourense na apertura do XX Festival de Cinema de Ourense.

A película non deixa de acoller boas críticas e boa recepción do público grazas ao descoñecido da historia que está baseada en feitos reais.

As abraiantes revelacións históricas que se dan a coñecer nesta película fan da historia de Manuela e Candela unha episodio imprescindible para calquera.

A historia desenrólase no marco dunha mina de Wolframio en Galicia, xestionada por enxeñeiros nazis e pola guardia civil española, a esta mina van parar os presos políticos e os detidos de aldeas do arredor. A sabotaxe da mina é o disparador da historia que protagonizan Marián Álvarez e Manuela Vellés.