Noticias de Hoy
Carreira Pedestre ponteNoite
Fecha: 18/06/2016
Horario: 22:30 a 22:30

Carreira Pedestre: PonteNoite 5+5

Carreira Pedestre: PonteNoite 5+5.

REGULAMENTO DA IV CARREIRA PONTENOITE 5+5
PREVIO Á CARREIRA

1. ORGANIZADOR: O Concello de Pontevedra, a través do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, e coa dirección técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan a “IV Carreira PonteNoite 5+5 2016”

2. DATA: Será o sábado 18 de xuño de 2016, a partir das 21.30 horas.

3. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Haberá dúas saídas a partir das 21.30 horas; a primeira será para os/as participantes na distancia de 10.000 metros (que puntuarán para o CCCP), e a segunda para os/as participantes na distancia de 5.000 metros (que non puntuarán no CCCP). Quen se inscriba nunha categoría non disputará a outra.
Todos os corredores masculinos que acrediten nos anos 2015 ou 2016 (no momento de inscribirse) un tempo igual ou inferior a 35 minutos 00 segundos na distancia de 10.000 metros, ou 1 hora 15 minutos 00 segundos en medio maratón, terán un recinto preferente para tomar a saída; no caso das corredoras que acrediten nos anos 2015 ou 2016 (no momento de inscribirse) un tempo igual ou inferior a 44 minutos 30 segundos na distancia de 10.000 metros, ou 1 hora 34 minutos 00 segundos en medio maratón, terán un recinto preferente para tomar a saída.

4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde para tomar parte nesta proba.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

5. INSCRICIÓNS. Faranse para as categorías Run For Parkinson´s, Promesas, Senior e Veteranos/as ata as 23:59 horas do día 15 de xuño de 2016 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba e farase na web www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 11.00 ata as 13.00 horas e de 18.00 ata as 20.00 horas), no propio edificio do Concello de Pontevedra indicando o nome do/a participante e ano de nacemento.
- Para a categoría “Run For Parkinson´s” o/a deportista que se inscriba doará a cantidade íntegra da cota de participación (5 €) á Asociación de Párkinson da Provincia de Pontevedra.
- Para as categorías Promesas, Sénior e Veteranos/as o/a deportista que corran o 10.000 pagarán a cota de 10 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso). A Organización destinará, no nome das persoas inscritas nesta carreira, 1 € solidario de cada inscrición nesta carreira, á Asociación de Párkinson da Provincia de Pontevedra.
- Para as categorías Promesas, Sénior e Veteranos/as o/a deportista que corran o 5.000 pagarán a cota de 5 € por persoa máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip por persoa (é obrigatorio o seu uso para todas as categorías). A Organización destinará, no nome das persoas inscritas nesta carreira, 1 € solidario de cada inscrición nesta carreira, á Asociación de Párkinson da Provincia de Pontevedra.
- Para as categorías “menores” de idade, a inscrición é de balde.
Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016, non pagarán ningún tipo de inscrición a maiores nesta carreira.
En caso de que calquera deportista inscrito no CCCP quera correr a carreira de 5.000 metros (non a de 10.000 metros) poderá facelo enviando antes do remate do prazo de inscrición un correo-e a consulta@championchipnorte.com co seu nome completo e número de dorsal, e sendo consciente de que non puntuará para o CCCP.
No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Senior e Veteranos/as que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

6. ACCIÓN SOCIAL. Este ano unha vez máis a Carreira Pedestre PonteNoite 5+5, como parte do esforzo que a cidadanía de Pontevedra fai diariamente, acorda coa Asociación de Parkinson da Provincia de Pontevedra o seu apoio mutuo para a difusión da súa labor imprescindible, e destinarase 1 € solidario da inscrición de cada participante maior de idade, nesta carreira, a esta Asociación.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

7. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. A prioridade é achegarse en transporte público, a pé, ou en bicicleta. De non ser así os estacionamentos públicos de pago máis próximos á saída, son os da praza de España e Av. Montero Ríos. A zona de aparcamento de balde recomendada é no peirao das Corbaceiras (San Roque), xunto á Autoridade Portuaria de Marín – Pontevedra, aínda que tamén atoparás estacionamento de balde xunto ao Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, que é o lugar onde estarán situadas as duchas.

8. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase nas instalacións do edificio do Concello de Pontevedra na praza de España o sábado 18/VI das 11 h ata as 13 h e das 17 ata as 20,30 horas. Para que todas as persoas de fora da comarca de Pontevedra cheguen a tempo á saída, prégase aos veciños e veciñas da comarca que pasen previamente a recoller o seu dorsal.
Os/as deportistas inscritos no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2016, que participasen nalgunha das anteriores carreiras deben de usar o dorsal vermello entregado naquelas carreiras, e no caso de que non o teñan, terán que solicitalo por correo-e a consulta@championchipnorte.com indicando o nome e apelidos do deportista, así como o número de dorsal. As persoas do CCCP que non recolleran o seu dorsal poden pasar a recollelo no mesmo horario anterior.

9. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todas as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e un médico/a para a atención.

10. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto segundo o indicado no punto 3. Haberá diversos controis de paso obrigatorios.

11. AVITUALLAMENTO. A carreira de 10.000 contará con avituallamento líquido no kilómetro 6 (aproximadamente). Ao remate de todas as carreiras haberá avituallamento sólido e líquido axeitado.

12. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou a Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

13. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas na saída e chegada. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

14. REGULAMENTOS. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuíto.
16. GARDARROUPA E DUCHAS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a partir das 20.30 horas e ata as 22.45 horas a súa disposición na sede do propio Concello de Pontevedra (praza de España, s/nº); e teremos duchas a disposición no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (R/ Juan Manuel Pintos, s/nº) dende as 22.00 ata as 23.30 horas.

POSTERIOR Á CARREIRA

17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

18. PREMIOS. Haberá unha clasificación final absoluta para o 10.000 e outra para o 5.000.
Categoría 10.000:
- Todos os corredores/as inscritos no CCCP 2016 que corran o 10.000 puntuarán para o Circuíto de Carreiras de Pontevedra 2016.
- Premiarase como vencedores absolutos do 10.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación e recibirán tamén o premio da súa categoría particular.
- Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados/as das categoría Promesas, Sénior e todas as de Veteranos/as na carreira do 10.000.
Categoría 5.000:
- Premiarase como vencedores absolutos do 5.000 aos tres primeiros homes e mulleres en rematar.
Nas categorías de menores de idades recibirán unha medalla todos/as os que rematen a súa carreira
Todos os deportistas masculinos e femininos absolutos que cheguen a meta nos postos 200 (da carreira do 10.000), e no posto 100 (da carreira de 5.000) serán obsequiadas cun mes de asesoramento deportivo de balde e unha gorra técnica a cargo de Rungalicia.com

19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 22.30 horas na zona de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma e responder inmediatamente ao seu chamado, podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio.