Carnaval de Pontevedra 2019 / Entroido de Pontevedra 2019
O Entroido pontevedrés comezará o venres 1 de marzo e cunha importante novidade: a lectura do pregón volve a praza da Ferrería co fin da dar cabida ao cada vez máis numeroso público que dende o minuto un súmase á festa. “A Verdura quedou pequena e incómoda”.
O desfile do Entroido, a presentación do loro Ravachol, o Entroido Infantil e a Noite Pirata, os concursos de Murgas e Parodias e o velorio e enterro do Ravachol son algunhas das citas imprescindibles da festa.
Programa completo ENTROIDO 2019
VENRES 1 DE MARZO DE 2019
20.00 horas Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido
21.00 horas Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Ponteve-dra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amori-ños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos, As Sonecas e Os Miúdos.
SÁBADO 2 DE MARZO DE 2019
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.
16.00 horas José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
17.00 horas Desfile do Entroido. Saída dende a rúa José Malvar; percorrerá as rúas Loureiro Crespo, Beni-to Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido du-rante a que se fará entrega dos pre-mios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
LUNS 4 DE MARZO DE 2019
De 9.30 a 14.00 horas V Campamento Urbano Entroido Pirata. Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
17.00 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas
21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas.
MARTES 5 DE MARZO DE 2019
De 9.30 a 14.00 horas V Campamento Urbano Entroido Pirata. Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670
16.30 horas Mercado de abastos. XXIV Festa da Filloa, concurso de filloas. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel e varios DJ
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus e Troula
A continuación animación de rúa coas comparsas:
- Os da Caña Solfamidas
- Las Flores del Carnaval
- Os Miúdos
- As Sonecas
- Os Paparrulos
- Os Canecos
- Amoriños de Bora
- Vamos a Todo
- Equipo Ja
MÉRCORES 6 DE MARZO DE 2019
16.30 horas Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
Festival infantil do Entroido.
17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol.
18.00 horas Discoteca Daniel. Baile de disfraces para persoas maiores. Orquestra Bahía
19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Xeitura
21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXVIII Concurso de Murgas.
XOVES 7 DE MARZO DE 2019
21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXVIII Concurso de Murgas.
VENRES 8 DE MARZO DE 2019
22.30 horas Prazas e rúas da cidade. XXV Mostra da Parodia do Entroido.
01.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXV Mostra da Parodia do Entroido.
SÁBADO 9 DE MARZO DE 2019
12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Comando Foucellas e Os Alegres.
13.00 horas Murgas na Rúa Murga PTV Murga Os do Val do Lérez Murga Equipo Ja Murga do Naveiro Prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña.
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Os Canecos, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Os 100 Tolos, Os Miúdos, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo, Os da Caña e As Sonecas percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.
VELORIO INFAUSTO
Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
- Introito coa lectura dunha elexía para o finado.
- Os de Algures, velorio tradicional
- Celme, danza da morte
- Saeta Val do Lérez
- Incineración do loro Ravachol
VII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
- LUGAR: CITA
- HORARIO: 18.00 a 21.00 h
- DATA: 15 E 16 DE MARZO DE 2019
Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza
- Aberta mañá e tarde
VENRES 15 DE MARZO DE 2019
18.00 horas Apertura das xornadas
18.15 horas Conferencia de Xosé Anxo Rosales e Guillerme Costas: “Achegamento ao teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén”
19.00 horas Conferencia de Pedro Basalo: “Historia recente do boteiro de Viana do Bolo”
19:50 horas Conferencia de Xerado Dasairas: “As máscaras no Entroido ourensán”
20.45 horas Mesa redonda e coloquio cos relatores
SÁBADO 16 DE MARZO DE 2019
18.00 horas Apertura da xornada do sábado
18.15 horas Presentación de traballos sobre o Entroido da Sociedade Antropolóxica Galega
18.45 horas Conferencia Emilia Cagiao: “A repercusión do Entroido de Samede”
19.45 horas Conferencia de Patricia Cordeiro: “Carnaval de Podence: de ritual comunitario a ícona nacional”
20.45 horas Mesa redonda e coloquio final
21.00 horas Clausura das xornadas