Cantos de Taberna 2019 en Pontevedra

Fecha 25-01-2019 a 31-05-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Nueva edición del programa Cantos de Taberna 2019. Programa, grupos y locales:

A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada.

Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa resposta da xente de Pontevedra á iniciativa, unha resposta que medra ano a ano e que trouxo outras citas como a Aquí Cántase.

“Non se trata de actuacións, os grupos incentivan que a xente cante, que participe nos cantos” indicou a concelleira de Festas. “O que queremos é dar prioridade a voz, encher as tabernas de voces e por iso os grupos levan pouca instrumentación” engade o portavoz de Maravallada.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.

Programa

DATA

BARES

GRUPOS

25 de xaneiro de 2019

Maristas e A Botica

Son das Ondas

22 de febreiro de 2019

Milano e La Casita

+Q Cantigas

29 de marzo de 2019

Brasilia e Machuco

No Cómbaro

26 de abril de 2019

Reixas e A Navarra

Trespés

31 de maio de 2019

Saudade e O Pavero

Maravallada

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×