Noticias de Hoy
soltos
Fecha: 21/03/2019 a 23/03/2019

Cabos Soltos 2019 en Pontevedra

Cabos Soltos 2019 en Pontevedra.

Cabos Soltos é un programa municipal dirixido a promover a cultura emerxente da cidade e a fortalecer o tecido económico local.

Entendemos que a hostalería é un sector clave na dinamización local así como na xeración de emprego. É un feito que algúns locais levan tempo promovendo actuacións en directo de bandas de pequeno formato, así como a difusión das creacións de artistas plásticos, poetas… sendo unha plataforma imprecindíbel para a cultura de base.

Sen esquecermos da oferta de grandes eventos, que -sen dúbida!- tamén contribúen á economía galega e á difusión da cultura en diferentes formatos expansivos, dende o Concello cremos que é necesario acompañar esta liña de acción cun esforzo por garantir que as pequenas salas e establecementos poidan seguir programando.

E non é casual que esta iniciativa xurda en Pontevedra, onde dende fai moito tempo a Concellaría de Xuventude e as áreas de Cultura e Promoción da Cidade estimularon a creación dunha escena creativa a través de diferentes iniciativas coma o  Local de Ensaio, Artistas na Rúa, Pontevedra ten un Puntazo, Sétima Feira, Quince Bolos, Galegote, Pontepoética… Ademais, contamos cun campus especializado na creatividade e diversas iniciativas privadas vencelladas coa filosofía de Cabos Soltos.

Cabos Soltos nace para  visibilizar a cultura de base, e para continuar apostando pola creación emerxente, fundamental para manter a nosa política local de apoio á economía creativa e xorde do diálogo entre sector privado, tanto da hostalería coma cos/as profesionais (creación artística), e o sector público.

Cabos Soltos empeza xa!!

Os días 21, 22, 23 de marzo temos unha festa de presentación con actuacións pero tamén pensada para que sexa un punto de encontro e debate sobre o panorama creativo. O programa comezará a funcionar de forma regular a partir desa data.

[gallery size="medium" columns="1" ids="16658" orderby="rand"]

cabos