As Matinés do Principal 2019 en Pontevedra

Fecha 30-03-2019 a 19-10-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

As Matinés do Principal 2019 en Pontevedra.

Logo do éxito A música ao vivo en horario matinal regresa por terceiro ano consecutivo ao Teatro Principal achegando desta volta á cantante e compositora galega Sés e ás bandas nacionais Morgan e McEnroe.

Tal e como destacou a concelleira de Cultura Carme Fouces, acompañada por Carlos Montilla de I-radia Crea (produtora encargada de coordinar o ciclo) , “a programación musical en Pontevedra é un fervedoiro no que no poden faltar As Matinés poo seu éxito en edicións anteriores e porque un dos nosos obxectivos segue a ser chegar a todos os públicos independentemente da súa idade e facilitar que familias con nenos/as poidan asistir a eventos musicais de calidade aos que non poderían ir noutros horarios”

Unha calidade que queda patente na escolma do programa xa que María Xosé Silvar, Sés, abrirá as Matinés deste ano o sábado 30 de marzo cun espectáculo moi especial desta artista caracterizada polas súas propostas musicais arriscadas. A banda de rock Morgan subirá ao escenario na segunda sesión das Matinés que terá lugar o 27 de abril e o peche do ciclo corresponderá á banda indie McEnroe que actuará o 19 de outubro.

Tal e como destacou Carlos Montilla antes de falar polo míudo dos grupos e agradecer ao Concello este tipo de iniciativas, “mantemos o espíritu do ciclo de programar espectáculo nun horario que faga máis sinxelo conciliar o ocio coa vida diurna e familiar, ofertando novos hábitos de consumo cultural e de ocio e revitalizando o entorno do Principal. Non queremos que ‘As Matinés do Principal’ sexan algo estanco, senón que se expandan ao remate dos concertos, organizando os días das actuacións sesión vermout nas que os artistas se integren e outras actividades nos locais de hostelería”.

O prezo das entradas para cada un dos concertos oscila entre os 14 e os 18 euros, e existe a posibilidade de adquirir un abono para as tres actuacións do ciclo a un prezo de 45 euros “Un prezo moi atractivo e asequible, para que non quede fóra ninguén e tamén para facilitar a conciliación, haberá, como vén sendo habitual, descontos do 50% nas entradas do público menor de 14 anos”, sinalou a concelleira.

As entradas e abonos están á venda a partir de hoxe mesmo en Ataquilla.com e o despacho físico da Casa da Luz, que segúndo comentou Carme “está a ser todo un éxito. Para moita xente e tan sinxelo ou máis que mercar por internet”.

PROGRAMACIÓN

Sés (30/03/19. 12:30 horas. Teatro Principal)
Ao longo dos últimos anos, Sés consolidouse coma unha das figuras máis destacadas da música galega e recorreu o país con actuacións cheas de paixón nos escenarios das vilas e cidades galegas. Pasiño a pasiño a súa intensa personalidade e honestidade conquistou ao público cunha enerxía que chama á unión e ao cuestionamento do establecido.

Formada na música e o baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 creou, xunto a tres amigos, a banda “Chámalle Xis!” que foi un dos grupos revelación dese ano. En 2011 publicou o seu primeiro traballo “Admirando a Condición”.

En 2019 chega o seu sexto álbum, “Rabia ao Silencio”, no que atopamos unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor chegadas de Latinoamérica ou doutros puntos da Península e que son adaptadas ao galego.


Morgan (27/04/19. 12:30 horas. Teatro Principal)
A banda madrileña consolidouse nos dous últimos anos como un dos grupos novos máis interesantes da escena española. A formación liderada por Nina de Juan reeditou o seu primeiro disco en 2017 e ofrecerán preto de cen concertos en salas e festivais de todo o país, esgotando as entradas en espazos emblemático coma o Circo Price de Madrid.

En marzo de 2018 volveron cun novo traballo, “Air”, o disco que sen dúbida marcou un antes e un despois na carreira desta banda, unha das voces máis persoais do panorama nacional e que cos seus directos seguen a conquistar ao público alí onde van.


McEnroe (19/10/19. 12:30 horas. Teatro Principal)
A banda vasca nacida en 2002 é un dos grupos de referencia do indie español dende hai anos. O seu último disco, “Lluvias y truenos”, foi publicado en 2016 en colaboración con el grupo The New Raemon”. En 2019 publicarán un  novo álbum que presentarán na súa actuación en Pontevedra.Ricardo Lezón é o líder da banda dende os seus comenzos. McEnroe é un grupo difíciil de encasillar e que se caracteriza polas súas letras cheas de poesía que falan sobre o amor, os desexos e os anhelos.

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×