Noticias de Hoy
Fecha: 28/08/2014 a 28/09/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Formas tradicionales de cerámica popular. Samos

Formas tradicionales de cerámica popular. Samos

Esta exposición está formada por unha escolma de de pezas de cerámica popular realizadas no concello de Samos dende o ano 1700 ata mediados do século XX, que amosan diversas tipoloxías e que se expoñen xunto cunha contextualización informativa e fotográfica, co obxecto de poñer en valor a cerámica popular galega a través do coñecemento, neste caso concreto, da produción realizada en Samos. Esta exposición conta coa colaboración do Museo do Pobo Galego e de diversos coleccionistas.

A cerámica na comarca de Samos
No espazo xeográfico da provincia de Lugo, existiron historicamente catro centros oleiros produtores de cerámica tradicional: Mondoñedo, Gundivós (concello de Sober), Bonxe e outras parroquias da Terra Chá e, por último, no concello de Samos.

Neste derradeiro punto desenvolveuse esta actividade en diversos lugares asentados no circundo do antigo “couto” que arrodeaba o mosteiro bieito aquí establecido. Existen indicios en Lourido Grande, pertencente á parroquia de Renche; Lourido Pequeno, Lamartín e Roxofrei, na de Santa María de Loureiro; Lamas, Vilamelle e San Mamede, na do Couto. Así mesmo, na parroquia de Romelle e no lugar de Perros, parroquia de Calvor, na actualidade situada na demarcación municipal de Sarria mais en tempos dentro do citado “couto” de Samos.

As referencias documentais coñecidas amosan unha plena implantación desta industria no século XVIII. Dende aquela sobreviviu até os anos cincuenta do século pasado constatando a presenza de artesáns cacharreiros, coñecidos tamén como barraxeiros ou louceiros, nos lugares que falamos. Os derradeiros que exerceron este oficio foron o señor Manuel María de Capón, o “Capón de Lamartín” e Antonio Barreal, o “cacharreiro de Romelle”.