Noticias de Hoy
presentacion facela
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 20/04/2019
Horario: 17:00 a 17:00

Guateque presentación Fa Ce La Fest 4 en Lugo

Coma tódolos anos anteriores a presentación do Fa Ce La Fest 4 en Lugo será con #Guateque da man de O Mercado Street Food... ¡As boas costumes deben alargarse no tempo!

O Mercado Street Food

Despois de comer, Pablo Und Destruktion falaranos da súa primeira novela. "Unha profecía na que o apocalipsis, a crítica social, a tradición asturiana e o costumismo conflúen entre líneas, Und Destrucktion ponnos frente ó espello e fai cuestionarnos quenes somos". Logo música e festaza como seña de identidade dos Guateques.

Estarán Los Jinetes del Trópico (Vigo) que nacen en 2016 coa clara intención de repartir cumbia, reggaeton e ritmos tropicales co seu peculiar estilo. Mezclando electrónica con instrumentos de vento e voces, o seu convírtese en festa popular. Tralos éxitos de "Cadeleo" e "Furancho", encóntranse presentando novo single "Namoreime Dunha Pulpeira".

Las Cruzes son o ben, o mal, todo á vez, e ningunha das dúas cousas. Un power- duo cunha proposta de electronica-punk-jazz tan estrana como os seus componentes. Levan máis de dez anos tocando xuntos en bandas como Orquesta pánico, Uppercut ou Abuela te quiero. Ademáis de participar noutros proxectos como Avecrem ou Bulto. Armados cun teclado midi e unha batería nun proxecto sen guitarras nin baixo, que unhas veces sona a videoxogo e outras a samplers de jazz presentando unha mezcla singular de estados de ánimo e velocidade absurda.

Para acabar no Mercado pincharan Os Costaleros, colectivo de disk jockeys tropicais das montañas do sur de Lugo que tratan de misturar a música coma os inxertos de rebolas en palmeiras. Influenciados pola radio as nogais e desexando combatir a baixa natalidade cos seus ritmos trepidantes.

Clavicémbalo

Xa a noite no Club Clavicémbalo estarán Soul Rubbers, trío de guitarra, baixo e batería, con base en Navas de Riofrío (Segovia) - Madrid, o que fan está entre Dinosaur Jr, Fugazi, Nueva Vulcano, Cloud Nothings e Bedhead. A finais de xuño de 2018 e despois de varios EP's, publicaron o seu primeiro larga duración, "Cinturón Blanco" o cal presentarán no Club Clavicémbalo. Un concerto de rock sempre é ledicia.

A Pablo Und Destruktion cremos que xa non fai falla presentalo. Un dos artistas máis importante que deu Asturias e España nos últimos anos. Desta volta ven el só a defender cancións novas e de toda a súa traxectoria da forma que nos ten acostumados, con esa intensidade, voz e forza o alcance de moi poucos.

¡O evento cheira e éxito absoluto!