Noticias de Hoy
mundoobrero_cartel_foto2
Fecha: 12/04/2019
Horario: 21:30 a 21:30

Mundo Obrero en Santiago de Compostela

Mundo Obrero en Santiago de Compostela.

Café La Tranquilidad, Avenida do Paral·lel, Barcelona, anos 20 do século pasado. Un mendigo achégase a unha mesa e pide unha moeda a un home. Este saca unha pistola da súa chaqueta, ponlla na man ao mendigo e dille: “Vai a un banco e colle o que necesites. É teu”. Comeza a música. Así arranca este relato, que retrocederá ao último terzo do século XIX, á creación do movemento obreiro, e irá avanzando, a través das loitas no campo e na cidade, cara aos anos 30 do século XX, o momento de máxima efervescencia social, o exterminio da guerra e a guerra despois da guerra, as primeiras gretas no silencio a finais dos 50, a inmensa onda do antifranquismo, a fin da ditadura e da mobilización social que acabara con ela… Todo a través de personaxes históricos pero tamén de personaxes anónimos. Os nosos avós, avoas, pais, nais, nós mesmos/as. E todo nun formato de comedia musical. Riremos xuntos e as nosas risas serán balas que ao acertar non matan. Dan vida.