Noticias de Hoy
haz potnevedra
Fecha: 14/12/2018 a 15/12/2018

HAZ Pontevedra

HAZ Pontevedra.

Greenpeace Pontevedra organiza o evento gratuíto HAZ Pontevedra, que terá lugar nesta cidade (Casa Azul, R/Sor Lucía 4) os días 14 e 15 de decembro.

Trátase dun conxunto de eventos e obradoiros internacionais para fomentar alternativas creativas fronte ao consumismo insustentable. Faranse diferentes obradoiros gratuítos, unha mesa redonda sobre consumo sostible e un intercambiador de roupa e libros.

En lugar de pasar a época de Nadal mercando, queremos formar comunidades para crear alternativas. HAZ é parte do movemento MAKE SMTHNG WEEK, un festival internacional organizado por Greenpeace.