Noticias de Hoy
celebracion
Fecha: 20/09/2018 a 21/09/2018
Horario: 22:00

Estreno de la obra de Sarabela Teatro Celebración. A gran noite

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá os días 20 e 21 de setembro, ás 21,00 horas, a estrea de “Celebración. A gran noite” a última obra da compañía ourensá Sarabela Teatro, “unha alegoría sobre o totalitarismo e a delimitación de fronteiras entre as clases privilexiadas e as desfavorecidas”.

“Celebración. A gran noite” é unha obra escrita por Fernando Dacosta que se inspira na obra do dramaturgo francés Jean-Luc Lagarce, preocupado por abordar nas súas pezas a exclusión e a necesidade de pertenza. O espectáculo, que fai o número 52 na traxectoria da compañía, discorre entre situacións que explotan a comicidade e o patetismo, para provocar a emoción dos espectadores a través dunha trama argumental de vertixe, desencadeada tralo convite a unha gran festa.

O prezo das entradas é desde cinco euros. Pódense comprar de forma anticipada na web de ataquilla.com.