Noticias de Hoy
Viaxes e procuras
Fecha: 05/02/2014
Horario: 18:00 a 18:00

Viaxes e Procuras

Viaxes e Procuras

Todos os mércores, no salón de actos da Biblioteca nodal de Ourense (Rúa Concello,11) Sesións en Versión orixinal subtitulada, ás 18, 20:30 e 23 horas (Agás o 26 febreiro; 18 e 21 h.) O mes de febreiro o adicamos ás viaxes e procuras.

Mércores 5 de febreiro de 2014
18:00, 20:30 e 23 horas

”Jagten” (A Caza) La caza, de Thomas Vinterberg

Despois dun difícil divorcio, Lucas, de corenta anos, atopa unha nova muller, un novo traballo e disponse a reconstruir a súa relación con Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo comeza a ir mal: un detalle, un comentario inocente e unha mentira insignificante que exténdese coma un virus invisible sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena comunidade. A situación chega a ser tan terrible que Lucas vese obrigado a loitar por salvar a súa vida e a súa dignidade.

2012 · Festival de Cannes: mellor actor (Mads Mikkelsen)

Mércores 12 febreiro de 2014
18:00, 20:30 e 23 horas

”Mud” de Jeff Nichols

Nunha illa do Mississippi, dous nenos atopan a un fuxitivo chamado Mud. Matou a un home para protexer o amor da súa vida, Juniper, e agora ocúltase dos cazadores de recompensas. Os nenos acceden a axudarlle para xuntarse con Juniper e preparar a súa fuxida xuntos, sen saber que a aparición de Mud significará o fin das súas infancias.

Mércores 19 febreiro de 2014
18:00, 20:30 e 23 horas

”Da-reun na-ra-e-suh” (Noutro País) En otro país, de Hong Sang-soo

Unha rapaza e a súa nai fuxen da cidade costeira de Mohang para eludir as débedas contraídas. A rapaza comeza a escribir un guión para unha curtametraxe que ten como protagonistas a tres mulleres chamadas Anne. As tres chegan a Mohang e alí reciben a axuda da dona do motel onde estan aloxadas e da un socorrista que vagabundea pola praia.

Mércores 26 febreiro de 2014
18:00 e 21:00 horas

”Bir zamanlar Anadolu’da” (Había unha vez na Anatolia) Érase una vez en Anatolia, de Nuri Bilge Ceylan

A vida nunha pequena cidade aseméllase a unha viaxe no medio das estepas: a impresión de que algo «novo e diferente» vai a xurdir de cada outeiro, aínda que as estradas resulten sempre monótonas, interminables e inevitablemente iguais

2011 · Festival de Cannes: gran premio do xurado (ex aequo)

Web: www.cineclubepf.blogspot.com.es